Skip to main content
Actualidade

Aberto o prazo de inscrición na gardería de Outeiro de Rei

Por 13 Marzo, 2020Sin comentarios

A gardería de Outeiro de Rei abrirá o prazo de inscricións o vindeiro día 16 de marzo para as familias que xa son usuarias ou queiran comezar a selo.

O prazo estará aberto ata o 30 de abril, e os interesados que xa estén matriculados no ano anterior deberán formalizar a súa petición para repetir neste vindeiro curso. Os interesados en conseguir unha praza por primeira vez terán que solicitar a nova praza.

Os modelos de solicitude para este dous casos estána disposición das familias na gardería, no casa consistorial ou na páxina web do Concello de Outeiro.