Skip to main content
Sin categoría

O FIV de Vilalba cancela a súa 13ª edición debido ao coronavirus

Por 18 Marzo, 2020Sin comentarios

O coronavirus cóbrase unha nova cancelación en canto a eventos refírese, xa que “por motivos de seguridade, forza maior e saúde pública” a organización do Festival Independente de Vilalba (FIV) e o concello anunciaron  que se cancela a celebración da súa 13ª edición que estaba programada para os próximos 24 e 25 de abril. O importe dos abonos será integramente reembolsado ao público que xa os adquiriu a través do mesma canle polo que efectuaron a súa compra: ataquilla. com e a web oficial do evento.

Entre os nomes xa confirmados para os concertos desta cita musical de referencia na comunidade, figuraban Xoel López, Zahara, Ortiga, Novedades Carminha, Magical Colors e Begun DJ Set, uns recitais dos que os fans xa non poderán ser testemuña ao ter a obrigación de cumprir coas medidas de prevención anunciadas tanto polo goberno de España como pola Xunta de Galicia.

Esta 2020 marca un antes e un despois na historia do FIV, un evento único que sitúa cada primavera, desde hai 12 anos, a Vilalba no epicentro da música indie-rock estatal. A asistencia ía ser multitudinaria como en anteriores ocasións, xa que a venda de abonos ía xa pola sétima cota.