Skip to main content
ActualidadeLugo

O exército desprégase en Lugo

Por 19 Marzo, 2020Sin comentarios

A BRILAT, co propósito de apoiar a acción do Estado e en apoio á poboación na loita contra a pandemia producida polo virus  COVID-19, en estreita colaboración co resto da Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Organismos Institucionais e Administracións Públicas despregará Unidades nas localidades de Lugo, Santiago de Compostela, Avilés e Valladolid.

Esta actividade da BRILAT  realízase no marco da Operación  BALMIS que coordina o Mando de Operacións relativa ao despregamento das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a propagación do virus.

As unidades actuarán en cada unha das mencionadas cidades co obxectivo de recoñecer as zonas máis conflitivas, infraestruturas críticas e establecer unha ligazón sólida e eficaz con autoridades locais e Forzas e Corpos de Seguridade para facilitar os seus labores de presenza e vixilancia ante posibles incumprimentos das medidas establecidas polo Estado de Alerta nas zonas de especial risco para o contaxio.

Ata o de agora os contaxios na provincia de Lugo ascende a 31 sendo en Galicia de 333, entre os que se contabilizaron cinco mortos, cuatro deles persoas maiores e outro de mediana idade, todos con patoloxías previas.