Penas de Rodas convoca un concurso de debuxo para menores de 18 anos

A asociación Pena de Rodas de Outeiro de Rei vén de convocar un concurso de debuxo infantil, ideal para estas datas de reclusión.

O concurso leva por título Como son as Penas de Rodas para ti? e está dividido en tres categorías, na primeira para pequerrechos de 0 a 6 anos, a segunda para pícaros de 7 a 12 e a xuvenil para os que teñen entre 13 e 17 anos.

Os interesados en participar deben enviar o seu debuxo á dirección penasderodas@yahoo.es antes do 8 de maio.

Todos os debuxos serán expostos o día da festa, día no que se anunciarán os gañadores, os primeiros de cada categoría, que recibirán un premio sorpresa.

Etiquetas