Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz convoca un concurso infantil polas redes durante o confinamento

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz lanzou unha campaña para animar aos máis pequenos do municipio a que envíen os seus debuxos sobre o confinamento, aportando así a súa visión sobre o estado de alarma que estamos a vivir.

Os debuxos, que deben incluír dalgún xeito o cancelo #QuedaNaCasa, publicaranse posteriormente na páxina oficial de Facebook do Concello de Guitiriz. Poden enviarse a través das mensaxes privadas do propio Facebook ou ben por correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com. Ademais, terán que indicar nome e apelidos do autor ou autora e unha pequena descrición do debuxo elaborado.

Os que o desexen tamén poden compartir unha foto do neno ou nena posando coa imaxe que crearon pero para isto é necesario o consentimento dos pais ou titores legais.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, quixo poñer o foco sobre “os nenos e nenas, que nesta época de confinamento ven moi limitada a súa vida normal, sen ir á escola, xogar… Pero que día a día continúan a ser a alegría e a forza das súas familias. Con esta iniciativa queremos coñecer a súa visión do momento que estamos a vivir”.