Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Vilalbés cede o uso das súas instalacións no estadio Roca para os profesionais que o necesiten

Por 27 Marzo, 2020Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés pon a disposición de tódolos transportistas, viaxantes, sanitarios e persoas que o poidan necesitar por motivos laborais, as súas instalacions do estadio Roca, nos que hai vestiarios e aseos. O estadio está situado na avenida Terra Chá de Vilalba (a carón do centro de saúde.

Ademais de facer uso destes servizo, o club deixou toallas, auga e batidos para que os que o necesitan podan collelos.

Esta medida foi posta en marcha debido ás queixas en especial de transportistas e viaxantes de non ter un lugar onde asearse nas súas rutas.

O acceso ós vestiarios será pola rúa Benxamín Paz, xa que xusto ó lado da entrada hai un amplio aparcadoiro.

Coordenadas GPS 43º17´46,5”N 7º 40´35,5”W

Así, mesmo, fixeron chegar unha mensaxe. “Todas as persoas que formamos o club, xogadores, adestradores, delegados, socios, afeccionados, colaboradores, patrocinadores, etc, queremos agradecer a toda esa xente que está a traballar en estos complicados días tanto para superar a pandemia como para que nas nosas casas poidamos ter as nececidades básicas cubertas, a todos vós moitas grazas”.