Skip to main content
Sin categoría

Comeza a última fase da rehabilitación da Casa da Galocha de Bretoña

Por 1 Abril, 2020Sin comentarios

A coñecida como Casa de Galocha ou Casa do Médico da parroquia pastoricense de Bretoña está a piques de ver culminada a súa rehabilitación total, xa que os traballos para acondicionar a terceira planta do inmoble xa están na súa recta final.

A Casa da Galocha era unha vivenda particular que o concello adquiriu fai varios anos para rehabilitar e actualmente está ocupada polo Centro de Interpretación municipal (CIN) dedicado á historia da diocese britoniense. Este museo abriuse ao público en agosto do ano pasado e en seis meses superou os 800 visitantes.

As últimas obras céntranse na colocación de tarima flotante no chan e o posterior pintado das paredes nunha das partes par, unha vez terminados os traballos, o local estará listo para ser destinado a conferencias, exposicións itinerantes e outros actos.

Esta é a última estancia que falta por reformar na Casa de Galocha, cuxa recuperación se prolongou durante anos.

Os traballos de rehabilitación realizáronse en varias fases e empezaban co acondicionamento da contorna da casa, para seguir coa renovación do tellado e a adecuación do exterior do edificio. Por último, acondicionouse o interior do local. O investimento necesario superou os 400.000 euros, que foron achegados pola Deputación, o Concello e o GDR Terra Chá.