Skip to main content
ActualidadeVilalba

Empresarios de Vilalba únense nunha plataforma colaborativa

Por 1 Abril, 2020Sin comentarios

A Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, en colaboración con Medrar Smart Solutions e Imglo Hosting, vén de poñer en marcha unha iniciativa coa que pretende axudar ás persoas que se atopan en diferente estados de risco a causa da poandemia do COVID19.

Esta iniciativa consiste na creacion dunha plataforma dixital de colaboración cidadá que sirva para conectar aos voluntarios e asociacións coas persoas que necesiten calquera tipo de axuda nestes momentos de incertidume e crise xeralizada.

O obxectivo é poder conectar todas as accións solidarias que están a manifestar os veciños e veciñas de Vilalba para que todos eses esforzos SUMEN e que a solidariedade chegue a todos os fogares.

“Esta pandemia está a xerar unha emerxencia sanitaria, social e económica de tal envergadura que só mediante a solidariedade e colaboración de todas as persoas, administracións, organismos, asociacións e demáis compoñentes da sociedade podemos superala e facer posible e máis rápida a recuperación”, explican.