Lugo segue a súa tendencia á baixa con 25 novos casos

LUGO

A área de Lugo rexistrou nas últimas 24 horas 25 novos positivos por coronavirus, co que o total na provincia elévase ata 558, segundo o balance que o Sergas fai todos os días sobre a xornada anterior. Este dato implica unha tendencia á baixa tras rexistrar onte 12 casos novos e o anterio 60.

Do total de pacientes, 13 atópanse ingresados en unidades de coidados intensivos (un máis que na xornada anterior). Catro deles están na UCI do Hospital Público da Mariña e os outros nove na do Hula.

Outros 87 infectados atópanse ingresados —seis máis—, a maior parte no Lucus Augusti, aínda que 19 están no hospital de Burela, 11 no de Monforte e 9 no Virxe dos Ollos Grandes. O resto, 458 contaxiados, están nos seus domicilios, o que implica un incremento en 18 persoas.

No lado positivo, son 35 as persoas que recibiron xa o alta na provincia, sete máis.

Na parte negativa, o número de falecidos que na provincia ascende a un total de 12 desde o inicio da crise.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 4.926, deles 1.029 son da área da Coruña, 558 da de Lugo, 875 da de Ourense, 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 177 permanecen en UCI, 891 están en unidades de hospitalización e 3.858 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 531 altas de pacientes e 168 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 25.842.

A gráfica da xornada non presenta grandes novidades de novos contagios diarios en Galicia. O cal, a estas alturas da crise, non son malas noticias. Os 406 novos positivos móvense no rango de 400-500 observado desde o 26 de marzo. Un indicador que apunta a certa estabilización da epidemia.

A gran nova é que non se produxo ningún ingresado por coronavirus nas UCIS do Sergas nno último día, indican os datos do Ministerio.

Mentres Vigo só rexistrou seis novos casos nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Ourense sufriu un aumento con case 200 novos casos, un salto que non se experimentou ata o de agora en ningunha das áreas coa excepción da viguesa, que o 30 de marzo rexistrou 185 casos novos nun só día.

Os datos de Ourense están motivados polo alto número de positivos que se deron nas últimas horas en residencias de anciáns, algunhas con máis dun centenar dos usuarios infectados. Así, Ourense pasa dos 34 do venres aos 181 positivos deste sábado, que o pon á cabeza en canto a número de novos positivos esta xornada.

ESPAÑA

O Ministerio de Sanidade confirmou tamén un total de 11.744 mortos con coronavirus tras sumar outros 809 falecidos nas últimas 24 horas, un 7,3 % máis, nas que se contabilizaron ademais 7.026 novos contaxiados, que xa alcanzan a cifra de 124.736 despois de incrementarse a cifra nun 5,9 %. Trátase da cifra máis baixa dos úlitmos sete días.

6.532 pacientes están ingresados na UCI, 116 máis (un 1,8 % superior ao día anterior), e outras 3.706 persoas máis se recuperaron da covid-19, co que xa son 34.219 (un 12,1 % máis), segundo os últimos datos facilitados polo departamento que dirixe Salvador Illa.

Estas porcentaxes supoñen unha desaceleración dos incrementos de mortes, contagios e hospitalización de pacientes en unidades de coidados intensivos con respecto ás cifras do venres

A Comunidade de Madrid, que segue sendo a rexión con máis poboación afectada, rexistra 36.249 positivos por Covid-19 e 4.723 mortos, seguida de Cataluña con 24.734 persoas infectadas polo coronavirus e 2.508 falecidas por esta causa, e Castela -A Mancha que amenceu con 9.324 afectados e 786 mortos.

PRECAUCIÓNS

A incidencia do novo coronavirus en Galicia é menor que noutras comunidades autónomas e que noutros países europeos. Non obstante, a única forma de diminuír o efecto que o coronavirus poida ter na nosa sociedade é a través da participación de toda a cidadanía. E para isto deben seguirse as recomendacións que se están a dar, dirixidas a minimizar o contacto entre as persoas e a manter uns hábitos correctos de hixiene respiratoria.

A continuación, relaciónanse unha serie de medidas provisionais especialmente dirixidas a reforzar a seguridade dos pacientes fráxiles ou máis vulnerables, como poden ser as persoas anciás pluripatolóxicas e inmunodeprimidas, co obxectivo de evitar que estean en lugares nos que conflúan con outros cidadáns.

Teléfono de información á cidadanía

No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información respecto aos aspectos asistenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintomatoloxía leve, pode chamar ao teléfono 900 400 116.

Aconséllase empregar o teléfono 061 con racionalidade e unicamente para situacións de emerxencia.

Recomendacións xenéricas

  • Hixiene de mans e hixiene respiratoria
  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
  • Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.
  • De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros.
  • Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.
  • No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar, na medida do posible, espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

Sintomatoloxía

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea.

No caso de que chegase dunha viaxe ou de que estivese en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente os síntomas descritos, recoméndase que NON ACUDA DIRECTAMENTE AO HOSPITAL NIN AO CENTRO DE SAÚDE, senón que CONTACTE TELEFONICAMENTE.

Consulta telefónica

O Servizo Galego de Saúde ten establecidos sistemas de consulta telefónica á disposición da cidadanía nos centros de atención primaria. Por tal motivo, recórdaselles aos pacientes cuxo problema de saúde poida resolverse mediante esta modalidade de atención que soliciten a súa cita a través deste sistema de consulta telefónica, co fin de facilitar que poidan ser atendidos sen necesidade de acudir aos centros sanitarios.

Centros sanitarios

Evitar toda atención sanitaria que non sexa estritamente necesaria, coa finalidade de tratar de diminuír as concentracións de persoas nas salas de espera e tamén nos medios de transporte público.

No caso de que o paciente acuda a un centro sanitario con sintomatoloxía respiratoria aguda, debe poñer unha máscara, que estará á súa disposición nun lugar visible e sinalado. Se non o fai dun xeito proactivo e os profesionais do centro identifican signos ou síntomas de infección respiratoria aguda, indicaranlle ao paciente a necesidade de que poña a máscara.

Acompañamento nos centros sanitarios

Por seguridade, estará limitado o número de persoas que acceden aos centros sanitarios para acompañar os pacientes. Recoméndase que os pacientes acudan sós aos centros sanitarios. Se isto non fose posible, cada paciente que acuda a un centro sanitario, tanto do ámbito da atención primaria coma
hospitalaria, e tanto no caso de que se precise ingreso como se se trata dun proceso sen ingreso, só poderá ter, como máximo, un acompañante durante a estancia no centro. Recoméndase, do mesmo xeito, que na medida do posible este acompañante sexa menor de 70 anos, co obxecto de protexer este sector de poboación que se considera máis vulnerable.

Convén recordarlles aos visitantes e acompañantes de pacientes que non deben acudir aos centros sanitarios se presentan síntomas de ifección respiratoria aguda ou febre ou se proveñen ou estiveron en zonas ou lugares considerados como zonas de risco nos últimos 14 días.

Zonas de risco

Actualmente, clasifícanse como áreas con evidencia de transmisión comunitaria as seguintes:
– España: as comunidades autónomas de Madrid e A Rioxa, e os municipios de La Bastida e Vitoria-Gasteiz (País Vasco) e Miranda de Ebro (Castela e León)

– Italia (todo o país)
– Francia: departamentos de Haut-Rhin (Grabd Est) e l’Oise (Hauts-de-France)
– Alemaña: departamento de Heinsberg (Renania do Norte-Westfalia)
– China (todas as provincias, incluídos Hong Kong e Macao).
– Corea do Sur
– Xapón (illa de Hokkaidō)
– Singapur
– Irán
Nota: Estes territorios poden variar, polo que sempre debe consultarse na web do Ministerio de Sanidade a última actualización.
(
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/areas.htm)

Etiquetas