Skip to main content
Actualidade

Suspenden a V Marcha Cicloturista de Castro

Por 4 Abril, 2020Sin comentarios

O club ciclista BTT Castro anunciou que foi suspendida a V Marcha Cicloturista BTT Castro prevista para o 19 de abril.

A proba consistía nunha ruta cicloturista polo Concello de Castro de Rei, na case a súa totalidade que non ten carácter competitivo, polo que non é cronometrada. O obxectivo desta actividade é facer unha excursión á que podía sumarse o maior número de amantes do ciclismo posible.

Nos próximos días devolveranse os cartos das inscricións.