Skip to main content
ActualidadeMeira

O PP de Meira propón a supresión das dietas dos concelleiros

Por 6 Abril, 2020Sin comentarios

O Partido Popular de Meira considera que as medidas que puxo en marcha o Concello para axudar a paliar no concello as consecuencias da crise do coronavirus, como a exención dalgunhas taxas municipais, son escasas aínda que necesarias.

O portavoz do PP meirego, Carlos Veiga, aporta como medida suplementaria que nos próximos seis meses se suprima a cobranza das dietas por parte dous concelleiros por asistencias a plenos, xuntas de goberno, así como produtividades.

Propón igualmente “a redución do soldo do alcalde e máis alcalde accidental para liberar recursos económicos para aplicalos ás medidas apuntadas para axudar aos veciños”.

Doutra banda, os populares botan en falta que o Concello habilite números telefónicos de contacto con persoal cualificado para atender ás persoas máis maiores que poidan sentirse soas.

Tamén propoñen outras medidas económicas como rebaixar o Ibi e que o goberno local non cobre o aluguer dos locais da súa propiedade mentres continúe o estado de alarma.