Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A Xunta distribúe material de protección nas residencias da Deputación

Por 8 Abril, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia está a distribuír estes días 7.100 unidades de protección e desinfección nas residencias que ten abertas a Deputación na provincia de Lugo, en Pol, Trabada, A Fonsagrada e Ribadeo -esta última de titularidade municipal-

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que estas catro residencia terían recibido, antes de Semana Santa, dous envíos que suman un total de 4.200 mascarillas cirúrxicas e 51 mascarillas FF-p2, 2.700 guantes, 43 batas de plástico e outros tantos mandilóns, 31 garrafas de xel desinfectante de 5 litros e 32 botes de medio litro, e 15 pantallas oculares.

A Xunta responde así ás necesidades expresadas polo persoal destes centros sobre a escaseza de medios de protección, e amosa a súa total colaboración.

Para a distribución emprégase a nova plataforma loxística posta en marcha pola Xunta, que permite que as achegas se reciban directamente nos centros e residencias, sen necesidade de desprazamento.