Skip to main content
ActualidadeVilalba

Adiada a colocación dun novo hectómetro literario en Vilalba

Por 13 Abril, 2020Sin comentarios

Para o 18 de abril estaba previsto efectuar en Vilalba a erección dun novo Hectómetro Literario no Paseo dos Soños (o número XIV), por iniciativa da Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María.

O monolito estará dedicado ao creador chairego Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor, prevéndose asímesmo celebrar previamente unha mesa redonda na súa honra na Casa da Cultura vilalbesa.

No Paseo dos Soños de Vilalba teñen xa cadanseu Hectómetro Literario Paco Martín, Manuel María, Agustín Fernández Paz, Darío Xohán Cabana, Xabier P. Docampo, Xosé Manuel Carballo, Margarita Ledo, Helena Villar-Xesús Ràbade, Xosé Chao Rego, Ramón Luis Chao, Xulio Xiz, Mini e Mero, e Alfonso Blanco Torrado.

As actuais circunstancias sanitarias obrigan a adiar esta celebración ata que a situación se normalice, sen por agora poder determinar data de celebración. En canto sexa posible planificar estes actos farase pública convocatoria e invitación.