Skip to main content
Actualidade

A aseguradora de Caixa Rural protexe ao personal sanitario cunha nova póliza

Por 14 Abril, 2020Sin comentarios

Máis de 100 entidades constitúen o maior fondo solidario da historia de España e achegan 37 millóns de euros que servirán para cubrir o falecemento ou a hospitalización por causa directa do coronavirus dos profesionais do sector sanitario

Seguros RGA, a aseguradora do Grupo Caixa Rural, adheriuse a esta excelente iniciativa sectorial que constituíu a póliza colectiva que protexe ao persoal sanitario que loita contra o coronavirus en España. Entre todas as entidades achegaron máis de 37 millóns de euros para construír un fondo solidario.

Con este diñeiro, a patronal de seguro (Unespa) subscribirá un seguro de vida colectivo que servirá para cubrir o falecemento por causa directa da Covid-19 de quen coida a saúde de todos os cidadáns nesta crise sanitaria, así como un subsidio para os que resulten hospitalizados por contraer o virus.

O colectivo de profesionais que son susceptibles de ser favorecidos por este seguro de vida colectivo compóñeno os médicos, enfermeiros, auxiliares de enfermería, celadores ou persoal de ambulancias que forman parte do sistema de Saúde e atópanse involucrados directamente na loita contra a pandemia.

“Esta crise está a sacar o mellor de todos nós”, destaca Pablo González de Castejón, director xeral de Seguros RGA. “No Grupo Caixa Rural, integrado por cooperativas de crédito, sempre apostamos pola colaboración. Esta póliza colectiva á que todos sumamos é un exemplo do valor da cooperación e da suma de esforzos. Para Seguros RGA é unha honra formar parte desta iniciativa que protexe a quen nos coida en hospitais, centros de saúde e residencias, a quen está na primeira liña para enfrontar a pandemia”.

O capital asegurado en caso de falecemento por causa directa do virus ascende a 30.000 euros por persoa, un diñeiro que recibirán os herdeiros legais do asegurado. En canto ao subsidio de hospitalización, supoñerá o pago de 100 euros ao día a cada sanitario enfermo, sempre que o seu ingreso hospitalario supere os tres días, e ata un máximo de dúas semanas. Iso quere dicir que os pagos oscilarán entre os 400 e os 1.400 euros por persoa. A protección terá unha vixencia de seis meses, a contar desde o inicio do estado de alarma, que o Goberno decretou o pasado 14 de marzo.