Skip to main content
Actualidade

Outeiro reparte 4.000 máscaras entre a poboación

Por 21 Abril, 2020Sin comentarios

Durante estes días o Concello de Outeiro de Rei repartiu máis de 4000 máscaras en todas as vivendas deste municipio. Estas máscaras entréganse en bolsas de dúas unidades, cumprindo así coas normas de seguridade e hixiene. O concello de Outeiro quere conseguir con esta repartición evitar os contaxios. Tamén fixo entrega de protectores faciais a todos os establecementos abertos ao público.

Doutra banda cabe destacar que dúas veciñas do Concello doaron máscaras de tea aos servizos municipais. O Concello de Outeiro de Rei pon en coñecemento que se algún sector activo necesita máscaras, se poña en contacto telefonicamente co Concello.