Skip to main content
Actualidade

Suspendida a Samurai Xtreme Race das Pontes

A pandemia xerada pola extensión do coronavirus por todo o mundo provocou a cancelación dunha das probas máis emblemáticas nas POntes,a Samurais Xtreme Race, que se ía celebrar na vila coruñesa o 4 de xullo.

“Desde o pasado 14 de marzo, a organización da Samurai Xtreme Race estivemos moi atentos á evolución da situación sanitaria do noso país. O Estado de Alarma prorrogouse en sucesivas ocasións e, a día de hoxe, non temos a certeza de cando se levantarán as restricións impostas e poderemos volver á normalidade”, indican para xustificar a suspensión.

“Desde o primeiro momento quixemos que a nosa carreira se celebrase e que todos vós puidésedes gozar, non só dunha contorna natural privilexiada senón tamén da paixón polo deporte. Tomar esta decisión foi difícil para nós pero por seguridade, por responsabilidade e por saúde, vémonos obrigados a anunciar a cancelación da Samurai Xtreme Race 2020”, aseguran.

A organización suspendeu xa as inscrición e a todos os participantes xa rexistrados, a través de Champion Chip devolveráselles integramente a cota de inscrición.