Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte tamén reparte máscaras infantís entre os pequenos

O Concello de Begonte adquiriu 1000 máscaras de protección individual para todos os nenos e nenas do Concello.

Estas máscaras, de triple capa, lavables e reutilizables, serán repartidas nos vindeiros días nos seus domicilios por persoal do Concello en número de 3 por neno/nena nas idades comprendidas entre os 0 e os 14 anos.

O Concello lembra que siguen tendo operativos os teléfonos 982 39 61 43 (de 9h a 14h) e 663 58 76 32 (noutro horario) para calquera necesidade que poida surxir á veciñanza.