Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade captura tres cabalos que venderá se non aparece o seu propietario

Por 12 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade recolleu hai varias semanas tres cabalos na zona do Serrón do Lobo, entre as parroquias de Piñeiro e Momán, tras recibir reiteradas queixas por parte dos veciños do lugar ante os danos que os mostrencos provocaban na súa leiras xa que estes estaban abandonades.

De feito, como explicaraon dende o Concello, os animais levaban xa moitos meses vagando pola zona e polo momento ninguén reclamou a titularidade dos exemplares, que foron capturados por persoal municipal. Tamén se avisou ao Seprona, cuxos axentes verificaron que estes non tiñan un microchip para poder identificalos. Á espera de determinar o seu futuro, os équidos levan un mes depositados nunha parcela de Cabreiros e a cargo dos coidados dun particular e o Concello corre cos gastos que xeran.

Unha vez superado os días habilitados para reclamalos, o Concello de Xermade poderá dispoñer libremente dos animais e segundo avanzaron farase unha poxa.