Skip to main content
Actualidade

O Concello de Outeiro aproba unhas axudas a autónomos afectados polo COVID-19

Por 15 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei aprobou a través de decreto de Alcaldía a convocatoria de subvencións a pemes e autónomos para contribuír ao financiamento de gastos correntes durante a suspensión da súa actividade pola alerta sanitaria COVID-19.

Poderán acceder a estas axudas empresas e autónomos con domicilio social e centro de traballo ubicado no termo municipal de Outeiro de Rei que como consecuencia da suspensión de determinadas actividades acordada na declaración do estado de alarma tiveran obriga de pechar o centro de traballo por un período mínimo consecutivo de 15 días (entre eles, bares, restaurantes, centros deportivos, museos, parques zoolóxicos,…) así como as empresas produtoras e distribuidoras de ditos establecementos.

O importe da subvención coincidirá co importe das cotas liquidables correspondentes aos consumos mínimos do recibo do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado correspondente ao bimestre de marzo/abril.

As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude na sede electrónica do Concello de Outeiro de Rei cubrindo o formulario previsto na convocatoria, Anexo I (cando os gastos que se imputen á xustificación sexan os da liquidación das taxas citadas será suficiente coa presentación do anexo I debidamente cuberto). Os autónomos, que non exerzan funcións colexiadas, poderán presentar a solicitude fisicamente no rexistro do Concello.

O prazo de solicitudes remata o 30 de maio.