Skip to main content
Actualidade

O luns abre o prazo de inscrición para a escola infantil da Barosa

Por 22 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes abrirá o luns, 25 de maio, o prazo de inscrición na Escola Infantil Municipal A Barosa para o curso escolar 2020-2021.

O proceso de inscrición, que se estenderá ata o día 5 de xuño, adaptouse á situación actual polo que poderá realizarse a través de medios telemáticos, opción que desde o Concello das Pontes sinalan como preferente.

As familias interesadas poden descargar as solicitudes na páxina web do Concello para unha vez cumprimentadas, rexistralas a través da sede electrónica municipal.

Para aquelas familias que non dispoñan dos medios telemáticos necesarios para formalizar a inscrición, os sobres de matrícula estarán á súa disposición nas instalacións da Escola Infantil Municipal A Barosa, desde o día 25 de maio, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

Poderán presentar as solicitudes, de forma presencial, no Rexistro Municipal, con cita previa para evitar as aglomeracións, chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

Ademais, para obter máis información ou para aclarar algunha dúbida, poden poñerse en contacto co centro no 981 440 308, de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas ou co Departamento de Benestar Social no número de teléfono 667 129 335, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas