Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade abre o prazo para solicitar as axudas para a celebración de festas nas parroquias

Por 22 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Xermade publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo a convocatoria pública de subvencións municipais para a colaboración coas festas parroquiais deste ano. Para esta función destinará polo tanto un orzamento de 2.200 euros.

A concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e serán actividades subvencionables aquelas que se fagan entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano. A contía total da axuda non superará os 100 euros por celebración.

Como se explican nas bases, poderán ser beneficiarias aquelas persoas ou entidades públicas ou privadas con sede social en Xermade, sen ánimo de lucro, que desenvolvan actividades no términio municipal, estean ao corrente das obrigacións tributarias con todas as administracións e non teñan pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello xermadés.

A tramitación das solicitudes debe facerse de forma telemática ata o 20 de novembro, mentres que os gastos poderán xustificarse ata o 5 de decembro.