Skip to main content
Actualidade

David Salvado actúa esta tarde en liña dentro de As Letras na rede

Por 23 Maio, 2020Sin comentarios

A programación en liña As Letras na rede, organizada pola Área de Cultura para sinalar a festividade das Letras Galegas e apoiar o sector cultural, ofrece este sábado unha actuación de Davide Salvado.

A partir das 19.00 horas, as redes sociais e a canle de Youtube da Vicepresidencia difundirán a actuación do cantante, unha das voces máis carismáticas da música galega.

O repertorio basearase no seu último traballo, Amarelo, no que reinterpreta cancións tradicionais galegas e doutras partes do mundo – con textos de Manolo Cortés- dende a óptica contemporánea que caracterizan as súas propostas.

As Letras na rede, que se puxo en marcha o día das Letras Galegas, ofrece cada día unha actuación escénica ou musical a través de canles dixitais. O domingo será a quenda de Mamá Cabra cun espectáculo musical para público infantil, e o luns para a poeta e dramaturga laurentina Marina Oural.

Tras as estreas, as actuacións en liña seguen a disposición do público na canle de Youtube da Vicepresidencia.

Video homenaxe a Carvalho Calero

Ademais, este sábado a canle, a partir das 12.00 horas, ofrecerá un recital poético de homenaxe a Carvalho Calero no que participaron unha trintena de poetas. Á iniciativa, promovida por Adela Figueroa e Monteserrat González sumaronse autores galegos como Marica Campo e do occidente asturiano como Quique Roxíos e Moisés Cima. Tamén Asunción Fernández, antiga alumna de Carvalho Calero.