Axencia de colocación

O número de contaxiados en Lugo estáncase unha xornada máis

LUGO

A provincia de Lugo mantense sen cambios no volume de incidencia do coronavirus nesta xornada do martes xa que os casos activos mantéñense en 58. Deles, dous pacientes están na UCI do Hula, dous atópanse hospitalizados en planta no hospital lucense e 54 recupéranse nos seus domicilios.

Unha xornada máis, non hai ningunha persoa con covid-19 hospitalizada nin no Hospital da Mariña nin no de Monforte. Desde que comezou a pandemia faleceron 27 pacientes na provincia, o último deles hai 20 días, o 6 de maio. Ademais, curáronse 859 persoas.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na  actualización do martes, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 834, deles 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 121 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 250 da área de Vigo, 137 da de Santiago, e 25 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 775 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.764 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 136.059. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,3% do total das persoas residentes.

As áreas sanitarias da Coruña, Pontevedra e Lugo arroxan esta xornada as mesmas cifras que onte. Os datos do Servizo Galego de Saúde reflicten un descenso lento na gráfica do conxunto das áreas sanitarias galegas, que só perdeu 20 casos desde onte.

Preocupa o estancamento de Lugo, que suma xa tres xornadas seguidas sen variacións na súa gráfica, conxelada nos 58 casos activos. Ourense, en cambio, parece recuperada do repunte sufrido onte e hoxe volve ver aliviada a súa estatística.

ESPAÑA

España notificou este martes 35 mortos no últimos sete días, pero Sanidade engadiu outras 283 vítimas mortais por coronavirus aos datos publicados onte, o que supón que o número total de falecidos elévase ata os 27.117. Así mesmo, o Ministerio rexistrou 194 novos contagios de coronavirus confirmados nas últimas 24 horas e 859 engadidos ao total con respecto aos datos ofrecidos o luns, polo que xa son 236.259 os casos totais desde o inicio da pandemia.

A cifra de infectados de Covid-19 ingresados na UCI ascende aos 11.364, un total de 12 pacientes máis no últimos sete días, segundo o balance publicado hoxe por Sanidade. No balance de datos deste martes, o Ministerio apuntou que o número de contaxios corresponde aos casos totais confirmados por PCR ata o 10 de maio, mentres que os infectados rexistrados a través desa data foron diagnosticados por PCR e IgM (só se a sintomatoloxía é compatible), segundo a nova estratexia de vixilancia.

Estes datos chegan un día despois de que o Ministerio abrise unha nova polémica. Sanidade informou onte de 50 mortos por coronavirus, excluíndo desta forma a preto de 2.000 falecidos da estatística total tras cambiar de novo o sistema de reconto

A Comunidad de Madrid continúa sendo a máis prexudicada. Experimentou un repunte de infectados de coronavirus con 48 contagios diarios, o que supón 38 máis respecto a a cifra de onte, e os falecidos diarios tamén crecen ata situarse en 21, é dicir, catro máis en relación ás últimas 24 horas.

Séguelle Cataluña, con 57.569 infectados e 5.583 decesos en total, aínda que Sanidade indicou que non se recibiron datos dunha área sanitaria da rexión.

Segundo os datos que ofrece a diario o Ministerio de Sanidade, os países máis afectados en canto a número de contagios de coronavirus en Europa son Rusia e Reino Unido, con 362.342 e 261.184 casos e un total de 3.807 e 36.914 falecidos, respectivamente. España é o terceiro país desta lista.

PRECAUCIÓNS

A incidencia do novo coronavirus en Galicia é menor que noutras comunidades autónomas e que noutros países europeos. Non obstante, a única forma de diminuír o efecto que o coronavirus poida ter na nosa sociedade é a través da participación de toda a cidadanía. E para isto deben seguirse as recomendacións que se están a dar, dirixidas a minimizar o contacto entre as persoas e a manter uns hábitos correctos de hixiene respiratoria.

A continuación, relaciónanse unha serie de medidas provisionais especialmente dirixidas a reforzar a seguridade dos pacientes fráxiles ou máis vulnerables, como poden ser as persoas anciás pluripatolóxicas e inmunodeprimidas, co obxectivo de evitar que estean en lugares nos que conflúan con outros cidadáns.

Teléfono de información á cidadanía

No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información respecto aos aspectos asistenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintomatoloxía leve, pode chamar ao teléfono 900 400 116.

Aconséllase empregar o teléfono 061 con racionalidade e unicamente para situacións de emerxencia.

Recomendacións xenéricas

  • Hixiene de mans e hixiene respiratoria
  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
  • Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.
  • De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros.
  • Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.
  • No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar, na medida do posible, espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

Sintomatoloxía

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea.

No caso de que chegase dunha viaxe ou de que estivese en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente os síntomas descritos, recoméndase que NON ACUDA DIRECTAMENTE AO HOSPITAL NIN AO CENTRO DE SAÚDE, senón que CONTACTE TELEFONICAMENTE.

Consulta telefónica

O Servizo Galego de Saúde ten establecidos sistemas de consulta telefónica á disposición da cidadanía nos centros de atención primaria. Por tal motivo, recórdaselles aos pacientes cuxo problema de saúde poida resolverse mediante esta modalidade de atención que soliciten a súa cita a través deste sistema de consulta telefónica, co fin de facilitar que poidan ser atendidos sen necesidade de acudir aos centros sanitarios.

Centros sanitarios

Evitar toda atención sanitaria que non sexa estritamente necesaria, coa finalidade de tratar de diminuír as concentracións de persoas nas salas de espera e tamén nos medios de transporte público.

No caso de que o paciente acuda a un centro sanitario con sintomatoloxía respiratoria aguda, debe poñer unha máscara, que estará á súa disposición nun lugar visible e sinalado. Se non o fai dun xeito proactivo e os profesionais do centro identifican signos ou síntomas de infección respiratoria aguda, indicaranlle ao paciente a necesidade de que poña a máscara.

Acompañamento nos centros sanitarios

Por seguridade, estará limitado o número de persoas que acceden aos centros sanitarios para acompañar os pacientes. Recoméndase que os pacientes acudan sós aos centros sanitarios. Se isto non fose posible, cada paciente que acuda a un centro sanitario, tanto do ámbito da atención primaria coma
hospitalaria, e tanto no caso de que se precise ingreso como se se trata dun proceso sen ingreso, só poderá ter, como máximo, un acompañante durante a estancia no centro. Recoméndase, do mesmo xeito, que na medida do posible este acompañante sexa menor de 70 anos, co obxecto de protexer este sector de poboación que se considera máis vulnerable.

Convén recordarlles aos visitantes e acompañantes de pacientes que non deben acudir aos centros sanitarios se presentan síntomas de ifección respiratoria aguda ou febre ou se proveñen ou estiveron en zonas ou lugares considerados como zonas de risco nos últimos 14 días.

Zonas de risco

Actualmente, clasifícanse como áreas con evidencia de transmisión comunitaria as seguintes:
– España: as comunidades autónomas de Madrid e A Rioxa, e os municipios de La Bastida e Vitoria-Gasteiz (País Vasco) e Miranda de Ebro (Castela e León)

– Italia (todo o país)
– Francia: departamentos de Haut-Rhin (Grabd Est) e l’Oise (Hauts-de-France)
– Alemaña: departamento de Heinsberg (Renania do Norte-Westfalia)
– China (todas as provincias, incluídos Hong Kong e Macao).
– Corea do Sur
– Xapón (illa de Hokkaidō)
– Singapur
– Irán
Nota: Estes territorios poden variar, polo que sempre debe consultarse na web do Ministerio de Sanidade a última actualización.
(
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/areas.htm)

Etiquetas