Skip to main content
ActualidadeMuras

O Trail das Bestas de Muras volve cambiar de data para o 1 de novembro

Por 26 Maio, 2020Sin comentarios

A organización do popular Trail das Bestas de Muras, que tiña previsto celebrarse por primeira vez no mes de xullo, decidiu cambiar de data debido á situación na que se atopa o país, en proceso de desescalada.

Traidicionalmente o Trail das Bestas tiña como data de celebración a primeira fin de semana do mes de novembro, pero este ano, para darlle un impulso a esta proba deportiva decidiron adiantalo ao 11 de xullo.

“Vendo a realidade da pandemia, cremos que o lóxico é manter as datas nas que celebramos as 3 primeiras edicións do Trail das Bestas, o primeiro domingo de novembro. Por iso, decidimos non cambiar a data para ao verán como en principio se pensou e intentar celebrar o Trail o día 1 de novembro”, explica a organización.

“Unha vez decidido isto, veremos como avanza a situación do Covid e veremos as medidas que se deberán adoptar para a celebración de eventos ó aire libre e iremos tomando decisións sobre si esas medidas permiten facer a proba, como nosoutros consideramos que debe ser un trail, e sempre pensando en que o corredor teña unha boa experiencia, pero con todas as garantías sanitarias, por suposto. Antes diso non planificaremos a apertura de inscripcións”, engaden.