Skip to main content
ActualidadeVilalba

Magical colors actúa on line na canle de Youtube do Concello de Vilalba

Por 28 Maio, 2020Sin comentarios

Continuando coa rolda de concertos on line de grupos vilalbeses organizado pola Concellería de Cultura, esta fin de semana actuará Magical Colors, o sábado 30 de maio, ás 19 horas a través da canle de YouTube do Concello de Vilalba.

Magical Colors é unha banda fundada en Vilalba en 2015. Actualmente está formada por Marcos Maoxu (teclados, voces), Alberto Guntín (batería, voces) e Javi Campello (guitarra, voces), todos eles músicos de ampla traxectoria en bandas como Moondogs Blues Party, Mi Perro Vincent ou Meskalina.

A súa música abrangue distintas formas de rock, con pinceladas de folk, jazz e tendencia á psicodelia, e cun espíritu de improvisación que alcanza o seu punto álxido en directo.

A banda compón indistintamente en galego, castelán e inglés sen corsés estilísticos e cunha liberdade creativa inspirada na música dos anos 60 e 70.