Axencia de colocación

Só queda unha persoa na UCI con coronavirus na provincia

LUGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia segue descendendo e chegou este venres ás 49 persoas infectadas, dous menos que este xoves. Ademais, redúcese o número de pacientes na UCI, xa que só  queda unha no Hula.

Neste mesmo hospital hai tres contaxiados ingresados. Os demais centros hospitalarios da provincia continúan un día máis sen pacientes con Covid-19.

Nas súas casas recupéranse 45 persoas.

Desde o inicio da pandemia na provincia rexistráronse 27 mortes e recuperáronse 871 persoas.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 773, 26 menos que a pasada xornada. Deles 179 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 89 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 139 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 731 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.896 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 140.225. O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,2% do total das persoas residentes.

Todas as áreas sanitarias de Galicia teñen menos casos activos que onte. Agora ben, a baixada é tan leve que, no caso de Vigo, non basta para compensar os repuntes desta semana. Así, a área sanitaria de Vigo ten 266 casos activos. Son dous menos que onte, pero uno máis que o pasado venres. Vigo sufriu un repunte de casos o mércores e o xoves, pasando de 250 a 268.

ESPAÑA

O último informe do Ministerio de Sanidade recolle 39 mortos por coronavirus no últimos sete días, pero eleva a 27.121 a cifra total de falecidos, só dúas máis respecto a os rexistrados onte. Ademais, confirmáronse 187 novos casos fronte a este xoves, para un total de 238.564 positivos. Nos últimos 14 días, 1.061 persoas iniciaron síntomas da enfermidade, dos que 276 iniciáronos durante a última semana.

Desde o pasado luns, Sanidade non ofrece nos seus balances un número de novos falecidos ou hospitalizados, senón os datos correspondentes á última semana ou 14 días.

As 39 mortes da última semana localizáronse en Aragón (dúas), Canarias (un), Castela-A Mancha (un), Castela e León (4), Cataluña (oito), Comunidade Valenciana (tres), Estremadura (tres), Galicia (seis), Madrid (cinco), Murcia (un) e A Rioxa (cinco).

Dos 187 novos casos confirmados, sete rexistráronse en Andalucía, 14 en Aragón, un en Asturias, un en Baleares, cinco en Canarias, un en Cantabria, tres en Castela-A Mancha, sete en Castela e León, 47 en Cataluña, seis en Ceuta, 11 en Comunidade Valenciana, dúas en Estremadura, un en Galicia, 61 en Madrid, un en Murcia, 15 en Navarra, dúas en País Vasco e dous na Rioxa.

Por outra banda, no pasados sete días producíronse apenas doce ingresos nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI), con 11.397 desde o inicio da pandemia. Estes doce ingresos producíronse en Andalucía (un), Aragón (un), Castela-A Mancha (4), Cataluña (dúas), Comunidade Valenciana (un), Galicia (un) e Madrid (dous).

Mentres, 286 persoas precisaron de hospitalización na última semana, cun total de 123.891. Deles, 11 son en Andalucía, 14 en Aragón, dous en Asturias, un en Baleares, tres en Canarias, cinco en Cantabria, 26 en Castela-A Mancha, 30 en Castela e León, 68 en Cataluña, un en Ceuta, 10 en Comunidade Valenciana, nove en Estremadura, un en Galicia, 89 en Madrid, dous en Navarra, dez en País Vasco e catro na Rioxa.

PRECAUCIÓNS

A incidencia do novo coronavirus en Galicia é menor que noutras comunidades autónomas e que noutros países europeos. Non obstante, a única forma de diminuír o efecto que o coronavirus poida ter na nosa sociedade é a través da participación de toda a cidadanía. E para isto deben seguirse as recomendacións que se están a dar, dirixidas a minimizar o contacto entre as persoas e a manter uns hábitos correctos de hixiene respiratoria.

A continuación, relaciónanse unha serie de medidas provisionais especialmente dirixidas a reforzar a seguridade dos pacientes fráxiles ou máis vulnerables, como poden ser as persoas anciás pluripatolóxicas e inmunodeprimidas, co obxectivo de evitar que estean en lugares nos que conflúan con outros cidadáns.

Teléfono de información á cidadanía

No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información respecto aos aspectos asistenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintomatoloxía leve, pode chamar ao teléfono 900 400 116.

Aconséllase empregar o teléfono 061 con racionalidade e unicamente para situacións de emerxencia.

Recomendacións xenéricas

  • Hixiene de mans e hixiene respiratoria
  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
  • Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.
  • De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros.
  • Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.
  • No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar, na medida do posible, espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

Sintomatoloxía

Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea.

No caso de que chegase dunha viaxe ou de que estivese en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente os síntomas descritos, recoméndase que NON ACUDA DIRECTAMENTE AO HOSPITAL NIN AO CENTRO DE SAÚDE, senón que CONTACTE TELEFONICAMENTE.

Consulta telefónica

O Servizo Galego de Saúde ten establecidos sistemas de consulta telefónica á disposición da cidadanía nos centros de atención primaria. Por tal motivo, recórdaselles aos pacientes cuxo problema de saúde poida resolverse mediante esta modalidade de atención que soliciten a súa cita a través deste sistema de consulta telefónica, co fin de facilitar que poidan ser atendidos sen necesidade de acudir aos centros sanitarios.

Centros sanitarios

Evitar toda atención sanitaria que non sexa estritamente necesaria, coa finalidade de tratar de diminuír as concentracións de persoas nas salas de espera e tamén nos medios de transporte público.

No caso de que o paciente acuda a un centro sanitario con sintomatoloxía respiratoria aguda, debe poñer unha máscara, que estará á súa disposición nun lugar visible e sinalado. Se non o fai dun xeito proactivo e os profesionais do centro identifican signos ou síntomas de infección respiratoria aguda, indicaranlle ao paciente a necesidade de que poña a máscara.

Acompañamento nos centros sanitarios

Por seguridade, estará limitado o número de persoas que acceden aos centros sanitarios para acompañar os pacientes. Recoméndase que os pacientes acudan sós aos centros sanitarios. Se isto non fose posible, cada paciente que acuda a un centro sanitario, tanto do ámbito da atención primaria coma
hospitalaria, e tanto no caso de que se precise ingreso como se se trata dun proceso sen ingreso, só poderá ter, como máximo, un acompañante durante a estancia no centro. Recoméndase, do mesmo xeito, que na medida do posible este acompañante sexa menor de 70 anos, co obxecto de protexer este sector de poboación que se considera máis vulnerable.

Convén recordarlles aos visitantes e acompañantes de pacientes que non deben acudir aos centros sanitarios se presentan síntomas de ifección respiratoria aguda ou febre ou se proveñen ou estiveron en zonas ou lugares considerados como zonas de risco nos últimos 14 días.

Zonas de risco

Actualmente, clasifícanse como áreas con evidencia de transmisión comunitaria as seguintes:
– España: as comunidades autónomas de Madrid e A Rioxa, e os municipios de La Bastida e Vitoria-Gasteiz (País Vasco) e Miranda de Ebro (Castela e León)

– Italia (todo o país)
– Francia: departamentos de Haut-Rhin (Grabd Est) e l’Oise (Hauts-de-France)
– Alemaña: departamento de Heinsberg (Renania do Norte-Westfalia)
– China (todas as provincias, incluídos Hong Kong e Macao).
– Corea do Sur
– Xapón (illa de Hokkaidō)
– Singapur
– Irán
Nota: Estes territorios poden variar, polo que sempre debe consultarse na web do Ministerio de Sanidade a última actualización.
(
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/areas.htm)

Etiquetas