Skip to main content
ActualidadeCospeito

Reanúdase o prazo de información pública do PXOM de Cospeito

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Cospeito reanudou o prazo de exposición pública do Plan Xeral, que tiña a súa data de finalización o 20 de marzo para presentar todas as alegacións necesarias”.

O plan levaba case dous meses en exposición pública, cando foi aprobado provisionalmente polo Pleno, e tivo que ser supendido por mor da alerta sanitaria decretada polo coronavirus.

O documento pode consultarse xa na páxina web do Concello de Cospeito no apartado de sede electrónica, así como nas dependencias municipais en horario de oficina e o prazo para presentar alegacións remata agora o 8 de xuño, luns.

Ademais, o Concello puxo a disposición dos veciños unha asistencia técnica para entender o documento que funcionou neste tempo os xoves e venres a partir do 23 deste mes, os dous días pola mañá, entre as 10.00 e as 14.00 horas, na casa da cultura de Feira do Monte e os venres pola tarde, entre as 16.00 e as 19.30 horas, na casa da cultura de Muimenta.