Skip to main content
ActualidadeVilalba

Simón Lamas renova como adestrador do Rácing Vilalbés

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

O adestrador do Rácing Vilalbés, Simón Lamas, seguirá ao mando do equipo de Terceira División e cumprirá a súa terceira campaña nun banco no que aterrou a finais de outubro do 2018 en substitución de Juan Peón, converténdose, con só 26 anos, no adestrador máis novo da categoría.

Xunto a el renovará o seu equipo, o preparador físico Jandro Novoa, o adestrador de porteiros Viusky e a fisioterapeuta Andrea.

Simón Lamas dirixiu ao equipo na etapa de bonanza dos últimos anos, que a piques estivo de ascender a Segunda B e que colleitou moitos outros triunfos. O cadro vilalbés certificou a súa permanencia moito antes do previsto e acabou o campionato na undécima posición con 52 puntos, once por riba dos postos de descenso a Preferente.