Skip to main content
Actualidade

As Pontes contará cunha unidade de atención temperá

Por 4 Xuño, 2020Sin comentarios

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia creará unha unidade de atención temperá no municipio das Pontes para a se destinarán un total de 26.794,46 euros.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou xa a listaxe de concellos e agrupacións de muncipios beneficiados desta liña de axudas. Un programa cofinanciado polo fondo social europeo e co que a cobertura deste servizo nas comarcas chega aos municipios de Ferrol, Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda,Valdoviño e tamén As Pontes. A axuda da Xunta en unha contía de 55.342,98 euros.

As unidades de atención temperá son fundamentais para identificar e actuar sobre os trastornos que poidan sufrir no seu desenvolvemento os menores de 0 a 6 anos de idade. É un servizo baseado na prevención, a identificación e o tratamento precoz para dar resposta ás necesidades específicas que poidan presentar os menores.

As unidades de atención temperá facilítanlles as ferramentas para gañar autonomía desde a infancia para que gocen dunha maior calidade de vida cando sexan maiores. Ademais, unha actuación precoz tamén pode ser clave para tratar trastornos no desenvolvemento que perduren no tempo e que sexan máis difíciles de corrixir.