Skip to main content
Actualidade

O conservatorio de música das Pontes terá clases para bebés e un curso preparatorio

Por 5 Xuño, 2020Sin comentarios

O Conservatorio de música das Pontes contará a partir de setembro con dúas novidades para o curso 2020-2021 dirixidas aos máis pequenos da casa.

Así, por unha parte, haberá unha clases de estimulación musical temperá para bebés, de 0 a 3 anos, e, pola outra, clases de preparación para acceso ao Conservatorio para nenos e nenas de ata 7 anos.

A música para bebés consistirá nunha clase semanal de 45 minutos acompañados dalgún dos seus pais e dun adulto con lazo emocional.

Os interesados en inscribirse poden facelo a través do teléfono 981 44 00 24 ou da páxina www.educaaspontes.org.