Castro de Rei suspende as festas patronais na honra de San Xoán

Os membros da comisión de festas de Castro de Rei veñen de anunciar que, debido á situación que está a vivirse a causa da pandemia decretada pola incidencia do coronavirus, “vémonos na obriga de tomar a difícil e triste decisión” de anular as festas patronais 2020, na honra de San Xoán.

“Esta decisión tomámola sendo consecuentes e realistas da situación que estamos vivindo todos. Cremos que e a mellor opción que podemos facer por responsabilidade social e non expoñer a saúde dos veciños e a nosa”, recalcan no comunicado.

Así mesmo, os membros da comisión quixeron “desexar unha pronta recuperación a todos nosos veciños que dalgún xeito se poidan ver afectados por esta pandemia”.

Engadiron tamén que seguirán a traballar “coa mesma ilusión e anim”o para poder organizar celebrar as festas no vindeiro ano 2021.

Etiquetas