Skip to main content
Actualidade

As Pontes abre un proceso selectivo para o posto de traballador social

Por 10 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes abriu o prazo para presentar as solicitudes para o proceso selectivo para un posto de traballador social para a cobertura durante o permiso por maternidade da titular así como durante os sucesivos supostos que se poidan derivar da mesa e elaboración dunha lista de persoas candidatas para a provisión interina de prazas nesta categoría.

As persoas aspirantes deben ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, estar en posesión ou en condición de obter na data de terminación do prazo de presentación de instancias a titulación de Diplomatura en Traballo Social ou do título de Grao en Traballo Social e estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: Celga 4 ou equivalente.

As instancias, xunto coa documentación requerida, deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, (con cita previa, chamando aos teléfonos 667129389/667129380) en horario de de 09:00 a 14.00 horas, ata o 15 de xuño, ambos incluídos, así como a través da sede electrónica municipal.