Skip to main content
A PastorizaActualidadeGuitiriz

Volve este sábado a feira mensual en Bretoña e suspenden a de Parga

Por 12 Xuño, 2020Sin comentarios

Este sábado 13 de xuño volverá celebrarse a feira de Bretoña, que levaba suspendida dende o pasado mes de marzo, cando tampouco puido celebrarse debido á declaración do estado de alarma.

A tradicional feira, que ten lugar os segundos sábados de mes volve pero con medidas de seguridade.

Haberá máis distanciamento entre os postos de venda, o polbo só se poderá adquirir para levar para a casa, e algún que outro cambio máis debido ás esixencias de organizacion do mercado.

A organización indica que haberá roupa, calzado, froit e outros produtos do campo.

FEIRA DE PARGA

Por outra banda, a directiva da Feira de Parga acordou suspender a feira deste vindeiro domingo día 14 de xuño ante a “imposibilidade de cumprir todos os requisitos e normativas en vigor establecidas polas consellerías de Medio Rural e Sanidade da Xunta de Galicia”.

“Desexamos deixar constancia de que até o último intre está directiva estivo a facer xestións ante as administracións mais a situación que padecemos derivada do covid-19 e as medidas de seguridade establecidas fan de todo inviable tanto para a nosa asociación coma para moitos feirantes o desenvolvemento do evento con un mínimo de normalidade”, indican.

Así mesmo, manifestaron que seguirán a traballar para a celebración da vindeira feira o próximo 28 de xuño dentro das medidas da “nova normalidade” implementadas polas distintas Administracións unha vez superadas as fases do estado de alarma.