Skip to main content
ActualidadeVilalba

Abre o prazo de inscrición para escola infantil municipal de Vilalba

Por 15 Xuño, 2020Sin comentarios

A Escola Infantil Municipal de Vilalba abre un novo prazo de solicitude para o vindeiro curso. Este será en dúas quendas. Para os que reservan praza é do 18 ao 25 de xuño e para as solicitudes de novo ingreso será do 25 de xuño ao 3 de xullo de 2020 (ambos incluídos). A oferta de prazas nas escolas infantís está dirixida a nenos de entre 3 meses e 3 anos, ademais de ser un servizo de atención primaria a infancia e que permite a conciliación da vida laboral.

A reserva de praza farse unicamente presentando a declaración da renda do ano 2018 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitude de novo ingreso de nenos que figuren na lista de agarda da escola infantil Galiña Azul deberá de aportar: fotocopia do DNI dos pais ou representantes legais, fotocopia do libro de familia e declaración da renda do exercicio 2018 ou ben autorización para solicitar os datos fiscais.

As solicitudes que non figuren na lista de agarda deberán aportar ademais: fotocopia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento actual dos pais, así como documentación, se procede, que acredite as circunstancias susceptibles de puntuación no baremo que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís da Xunta.

As  solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais do Concello pero será necesario solicitar cita previa no teléfono 982 523 032 ou a través da sede electrónica.

O 8 de xullo farase pública a listaxe de alumnos admitidos abrindo un novo prazo para reclamacións ata que o 15 saia a lista definitiva. O prazo de matrícula será do 20 ao 31 de xullo.