Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade adxudica obras en vías do Plan Único do 2019

Por 15 Xuño, 2020Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade adxudicou á empresa José No Mantiñán e Hijos Construcciones SA, o contrato de obra reparación de estradas en Roupar de Abaixo, Aveás, A Veiga, As Folgueiras, Castiñeiras, Bidueiro, etc., por importe de 70.790,56 euros e 14.886,02 euros correspondentes ao IVE, o que supón un total de 85.656,58 euros e ampliación de garantía de catro anos, consonte á oferta presentada.

Toda a documentación relacionada con este expediente está publicada no perfil do contratante do Concello de Xermade, aloxado na plataforma de contratación do sector público.

Prevese que as obras comecen en breve, dado que teñen que estar rematadas antes do 30 de setembro de 2020, segundo as bases do Plan Único 2019.

O investimento está financiado pola Deputación de Lugo, con cargo ao Plan Único 2019. A baixa na licitación ascende a 30.051,81 euros que, sumada ás baixas das outras dúas licitacións, suman un total de 47.842,45 euros que serán destinados a financiar outro investimento para a mesma finalidade.