Skip to main content
ActualidadeXermade

O Concello de Xermade prohibe as fogueiras en solo público este San Xoán

Por 15 Xuño, 2020Sin comentarios

O alcalde de Xermade, Roberto García, fixo público un bando no que informa de que este ano estará prohibida a celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán en solo público municipal na noite do 23 ao 24 de xuño.

No mesmo documento anuncian que están permitidas as cacharelas en terreos particulares, debendo respectarse as condicións que se recollen no plan para a transición cara unha nova normalidade, así como as condicións xerais de todos os anos e as que se veñen a aplicar por mor do coronavirus.

Así, as cacharelas só poderán iniciarse a partir das 18.00 horas pero deberán estar apagadas ás 6 da madrugada. Así, mesmo, para a fogueira é necesario pedir permiso ao Concello, previa cita no 982 501 001, ou a través do rexistro electrónico, solicitude que debe facerse antes do 19 de xuño.

Só se permite a realización de fogueiras en solo urbano e rural quedan prohibidas en solo rústico ou zonas onde poda xerar perigo de incendio, así como se mantén a prohibición da queima de plásticos ou doutro tipo de residous que produzan gases tóxicos.