Skip to main content
ActualidadeMeira

Abre o proceso de adxudicación de dúas obras en Meira

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira vén de abrir o proceso de adxudicación de varias obras pendentes no tempo municipal. Unha das primeiras en convocarse foi a das obras de mellora do pavimento e recollida de augas pluviais no núcleo de Vilar da Corota.

Estas obras teñen un prezo final de 21.578,27 euros, dos que 3.744,99 corresponden ao IVE. Deses cartos, 16.313, 17 euros corresponden a unha subvención da Xunta de Galicia e que lle foi concedida ao Concello de Meira o 27 de maio. O resto do orzamento estará ao cargo da financiación municipal. As obras teñen un prazo de execución dun mes dende o momento do seu inicio.

Tamén saíron estes días a adxudicación os traballos de renovación do pavimento na senda peonil na área recreativa Profesor Río Barxa, situado no centro da vila. Estas obras teñen un orzamento de final de 44.214,74 euros. As obras executaranse con cargo as subvencións do Fondo de Compensación Ambiental. Estas obras terán un prazo de execución de dous meses.