Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Friol convoca un concurso de deseño sobre igualdade

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Friol vén de convocar un concurso gráfico co título Friol en Igualdade, aberto á participación de forma individual ou por equipos e para todas as idades. O obxectivo do concurso é promover a creatividade e a participación cidadá a través da promoción de valores de igualdade entre homes e mulleres, coeducación, eliminación de estereotipos de xénero e, en todo caso, a eliminación de toda forma de violencia de xénero.

A imaxe gráfica que resulte gañadora, poderá ser utilizada polo Concello de Friol para a accións de sensibilización, atención e apoio á loita contra a violencia de xénero.

O traballo consistirá na representación icónica dun lema na defensa da igualdade en todas as súas formas. A técnica coa que se traballe é libre pero só se admitirán traballos en formato de papel ou en papel e dixital.

O prazo de presentación de traballos remata o 5 de xullo e estes deberán entregarse nas oficinas do Concellos en sobre pechado. Os traballos deberán ser anónimos polo que haberá que presentar un sobre pechado xunto ao traballo no que se identifica ao autor a través do formulario do Concello.

Haberá tres premios, de 300, 200 e 100 euros que corresponderán a vales para compra de material de papelería en dúas tendas do municipio de Friol. O resultado do xurado darase a coñecer o 9 de xullo.