Skip to main content
A PastorizaActualidade

O Circuíto da Pastoriza acolle unha sesión de track day este domingo

Por 18 Xuño, 2020Sin comentarios

O Circuíto da Pastoriza organiza este domingo, 21 de xuño, unha sesión de Track Day para o que hoxe, xoves, é o último día de inscrición.

Como o seu propio nome indica, esta sesión consiste en entrar cun coche a circuíto sen necesidade de ser un piloto profesional pagando unha tarifa por poder usar o trazado.

Os track days xurdiron en Reino Unido para que os entusiastas do mundo do motor puidesen poñer a proba a súa condución e os límites dos seus propios coches dentro dun lugar seguro e controlado deseñado para circular a altas velocidades.

Para esta ocasión hai dispoñibles 25 prazas de coche máis acompañante para o que se establecen 9 mangas de 12 minutos por piloto e catro grupo.

A organización conta con monitor, quisco e máquina de cambio de neumáticos. A experiencia ten un prezo de 90 euros.