Skip to main content
Actualidade

O Concello de Outeiro dará unha axuda a quen adopte un can abandonado

Por 27 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei convoca unha liña de axudas para todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen adoptar algún dos cans abandonados, recollidos e custodiados polo Concello na Residencia canina Garatuxa.

Este programa concede axudas polo importe de 100 euros por cada can adoptado.

Os cans adoptados están en perfectas condicións sanitarias, correctamente desparasitados e vacinados. Así mesmo teñen o microchip correspondente.

Os beneficiarios destas axudas asumen o compromiso de non abandonar ao can e de mantelo en boas condicións de benestar animal, fornecéndolle unha alimentación correcta e dispensándolle os coidados necesarios.

As solicitudes presentaranse a través dun formulario para entregar no rexistro do Concello de Outeiro de Rei e o prazo de presentación das mesmas terminará o 31 de decembro de 2020.