Enquisa Mobilidade

O Concello acomete as obras de mellora de acesos en Rioaveso

O Concello de Vilalba acometerá en datas próximas e con fondos propios a mellora dos accesos á parroquia de San Xurxo de Rioaveso, concretamente os traballos centraranse na vía municipal que une a estrada autonómica LU120 e a provincial LU- P-6514.

O orzamento para este proxecto rolda os 40.000 euros, aprobado no pleno ordinario, e está calificado como “urxente” xa que a falta de capas superficiais de pavimento fai que a calzada non sexa impermeable.

Os traballos centraranse na limpeza de noiros e cunetas, a regularización da superficie da calzada e a execución dunha nova capa de rodadura a base de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor. Tamén se procederá a realizar a sinalización horizontal e vertical da vía. O prazo de execución das obras está fixado nun mes.

Etiquetas