Skip to main content
ActualidadeXermade

Abre o prazo para inscribirse no campamento de verán de Xermade

Por 1 Xullo, 2020Sin comentarios

O concello de Xermade pon en marcha un ano máis, e tal como xa anunciara, o campamento de verán Xermade Cocilia para facilitar o acceso das nenas e nenos do termo municipal a un tempo e espacio de ocio e diversión. O fin é poder axudar ás familias a conciliar a súa vida familiar e laboral neste período estival.

O campamento realizarase desde o luns 27 de xullo ata o venres 14 de agosto, en horario de 10:30 a 14:00 horas e con horario de “madrugadores” desde as 8:00 da mañá, se existe un número de familias que o soliciten.

As inscripcións faranse no Rexistro do concello (planta baixa), por estricto orde de inscrición. O número de prazas é de 50.

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 10 de xullo. N o caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas, aplicarase un procedemnto de valoración.

Campemento subvencionado pola UE e a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Igualdade. Os interesados en informarse poden facelo no teléfono 982 501 001 ou no 678 744 178 ou no correo educadorafamiliar@xermade.org.