Skip to main content
Actualidade

A Samurai Xtreme Race promoverá un reto solidario de dez días

Por 2 Xullo, 2020Sin comentarios

A organización da Samurái Xtreme Race ante a necesidade de suspender a edición deste ano con motivo da crise sanitaria provocada polo covid-19, promoveu un reto solidario en colaboración co Concello das Pontes e a Deputación da Coruña cuxa recadación será destinada integramente a doar e repartir, a través de Protección Civil máscaras para menores de 14 anos, maiores de 65 e persoal de risco.

O desafío consiste en facer 100.000 burpees (un exercizo que mide a resistencia anaeróbica) en dez días, concretamente entre o 3 e 12 de xullo.

Para isto habrerá diferentes retos individuais que irán dende 10 burpees por xornada ata os 250 ao día con opcións cada 50. O reto especial será de 1.000 burpees ao día.

As inscricións xa están abertas e poden realizarse a través de https:// championchipnorte. com/evento? search= Samurai a un prezo de 3 euros para os que realicen entre 10 burpees ao día e 950. Para os do reto especial, a inscrición é de dez euros con trofeo para para os 3 equipos que consigan realizar maior número de burpees nos 10 días, e para a muller e o home que máis realicen.

Para as persoas que non desexen inscribirse a un reto individual cun numero de burpees concretos, poderán participar e facer o seu donativo adquirindo o seu dorsal cero.