Skip to main content
Actualidade

O BNG de Outeiro critica o servizo de recollida de lixo

Por 3 Xullo, 2020Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei vén de facer unha denuncia nas redes sociais na que pon de relevancia o estado no que se atopan os contedores amarelos e verdes do termo municipal, arredor dos que se atopan “moreas de lixo, unha situación que se está a donverter en habitual en todas as parroquias”.

Aseguran os nacionalista que hai uns meses o alcalde de Outeiro traballara para que a empresa que recolle o lixo en Outeiro estendera os seus servizos á toda a mancomunidade, e partir de aí, “os contedores empezaron a verse cheos e o servizo a empeorar de forma moi alarmante”.

Aseguran que os contedores amarelos seguen escaseando “e non sabemos onde vai o lixo que alí se deposita”, ademais cada vez vese máis a amontoado.