Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras aproba a regulación das axudas á natalidade

Por 4 Xullo, 2020Sin comentarios

Por outra banda, o concello de Muras aprobou en Pleno as bases para as axudas para frear a perda de poboación, axudas que se veñen dando nos últimos anos pero ás que lles faltaba un regulamento claro. Trátase dunha axuda que ascende a 300 euros en produtos alimentarios e farmacéuticos de primeira necesidad para uso do recén nacido, como si fose unha cesta de benvida.

Estas axudas solicítanse cando nace o neno polo que non teñen prazo establecido. Para optar a elas será imprescindible que os proxenitores estean empadroados en Muras desde, polo menos, seis meses antes do nacemento e comprometerse a seguir dous anos máis.

A convocatoria é compatible con axudas doutras administracións e supoñen un complemento a outras axudas, como as dá luz ou a estudantes, e a servizos como ou PAI, que se dan neste Concello.

Na sesión plenaria tamén se aprobaron as dúas mocións de apoio aos traballadores de Alcoa presentadas polo BNG e o PP. Na primeira, ínstase á nacionalización de Alcoa e a crear unha tarifa eléctrica para Galicia, ademais de solicitar a posta en marcha do estatuto do consumidor electrointensivo, metres que a popular, que coincidía en varios puntos,  tamén urxe ao Goberno para buscar unha solución para a fábrica de aluminio.

O pleno tamén sacou adiante a proposta de expropiación forzosa de tres parcelas en O Viveiró para a construción dunha depuradora na voutou en contra o PP. Xa por unanimidade foron aprobadas tamén as bases para conceder composteiros e a modificación no plan de protección de camiños municipais afectados pola extracción de madeira. Con esta medida, as empresas madereiras deberán depositar unha fianza de 1.500 ou 3.000 euros en previsión das posibles desfeitas nas vías.