Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Rácing Vilalbés aposta pola continuidade cara a próxima tempada

Por 4 Xullo, 2020Sin comentarios

Trala renovación do adestrador do Rácing Vilalbés, Simón Lamas, o club fixo públicas as novidades para a próxima tempada, na que seguirá en Terceira División, tras un final de Liga descafeinado por culpa do coronavirus.

As caras novas que se presentaron este mes son as de Aitor, que xoga de extremo e que regresa ao club despois de tres tempadas no Ribadeo. Xunto a el estará o ribadense Dani Pedrosa como dianteiro, que chega procedente da UD Ourense.

O club polo de pronto só comunicou dúas baixas, a do media punta Diego Rey e a de Álex Pérez.

Así, tamén está confirmada a renovación do capitán López, que seguirá a ser un dos baluartes do equipos a nivel defensivo; e do tamén capitán Make; así como dos centrais Vérez e Muíña, os mediocentros Javi Varela, os extremos José Varela, o lateral esquerdo David Buyo; o mediapunta Ángel, os dianteiros Cuadrado, máximo goleador do equipo a pasada tempada, e Moreda, o medio Javi Sandá, e os porteiros Javi Rumbo e Javi Pita.

Mención especial merece a renovación dunha das pezas fundamentais do club, o utillero Chelino.