Skip to main content
ActualidadeCospeitoVilalba

Xotramu fará xornadas de xogos polas parroquias vilalbesas

Por 5 Xullo, 2020Sin comentarios

Este verán as nenas e nenos das nosas parroquias de Vilalba desfrutarán dos xogos tradicionais de Xotramu, respectando todas as medidas de hixiene e seguridade con xorandas os venres e sábados polas tardes. Trátase da iniciativa Lecer no Rural 2020 posta en marcha polo Concello de Vilalba.

O obxectivo desta actividade é coñecer o patrimonio lúdico, sumado a unha atención #especial ao noso entorno rural, programa co que leva anos trallando o grupo Xotramu dende a Terra Chá.

Poderán acudir a estes encontros os pequenos das parroquias onde terán lugar e por suposto, das que se atopan preto.

Así, a primeira sesión terá lugar o venres 10 de xullo en Sancovade, concretamente no campo de fútbol. Ao día seguinte estarán na casa escola de Nete.

Continuarán a seguinte fin de semana, o venres 17 no Ceip Monseivane de Lanzós e o sábado na casa escola de Carballido-

Haberá tamén xogos o 24 na casa escola de Insua e o 25 no campo da festa de Goiriz. Rematarán o 31 de xullo na casa escola de Santaballa.

Xotramu (Xogos Tradicionais Muimenta) naceu no 2009 co obxectivo de recuperar os xogos tradicionais que estaban quedando esquecidos, pois os beneficios son moi numerosos a nivel social, e tamén para fomentar a creatividade ou a concentración.