Skip to main content
A PastorizaActualidade

Aprazadas as festas da Pastoriza de setembro

Por 6 Xullo, 2020Sin comentarios

A comisión das festas da Pastoriza de este ano, que encabezan Silvia e Zoraida anunciaron a intención de suspender as patronais que ían celebrarse os días 4, 5 e 6 de setembro. Deste modo, a próxima cita festiva será o 3, 4 e 5 de setembro de 2021. Novamente evitar o contaxio da poboación e a protección sanitaria son as razóns esgrimidas pola organización.

A comisión, nun comunicado que fixo público a través das redes sociais, agradeceu o traballo realizados por todos os que os apoiaron e manteron o seu apoio “a quenes lles repercute isto directa e indirectamente”

Ademais, os sorteos pendentes e o diñeiro recadado ata o momento quedarán para as festas do ano que vén, “que celebraremos con todos vós co dobre de ilusión”, din.