Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP vilalbés cualifica de “míseras” e “indignantes” as axudas propostas polo PSOE

Por 8 Xullo, 2020Sin comentarios

O líder da oposición en Vilalba, Agustín Baamonde, cualificou de “medida mísera” o plan de axudas proposto polo goberno socialista nos últimos días.

Segundo explica, trátase dun plan “copiado do de Monforte” e consiste no reparto dunha media de 30 euros por persoa, “cartos que non resolven nada para a reactivación económica do municipio”. Asegura que 30 euros non serven de axuda para a poboación e implicarán ao Concello o gasto de medio millón de euros que non terán rendabilidade.

Baamonde avogou por facer axudas para pemes e autónomos xa que repartir cartos entre a xente “non ten sentido e é indignante, sobre todo porque hai xente que non tivo repercusións importantes polo covid-19”.

O ex alcalde indicou que se trata dun plan na mesma liña que o de Vilalba Aberta que se aprobou no Pleno. “O PSOE afirma que hai problemas fiscais para dar as axudas aos comercios pero logo propón un plan para dar axudas ás xentes de forma xeralizada”.

Agustín Baamonde fai esta análise no tempo no que se cumpre un ano do posta en marcha do Goberno socialista. “O máis salientable deste ano é a ruptura entre os dous socios políticos, porque non deixou nada máis que se sepa”. Asegurou que é unha mostra deste ano de xestión e de “incapacidade absoluta” do goberno en asustos importantes. Explicou que “fan moito de cosmética, pero os temas importantes e de xestión son deficitarios”. Fixo referencia a temas que seguen sen saír adiante como o orzamento, o Pxom, a RPT ou a ampliación do polígono industrial. “A xente ten idea de decepción e o feito de que se rompera o pacto de Goberno aumenta esa decempción”, engadiu.

Baamonde fixo especial fincampé na liquidación do presuposto de 2019. “A reconstrucción ten que pasar polo ordenamento de tesourería e aínda non sabemos como estamos, que remanentes quedan… e un abandono imperdonable”.

PISCINA

Agustín Baamonde insistiu na situación do parque acuático de Vilalba, que non abriu xa o ano pasado e tampoco o fará este.

O ex mandatario asegura que un ano máis “a praia da Madalena vai quedar abandoada á súa sorte cando sempre foi un centro de reunión da veciñanza neste tempo de verán”.

Alegou que sabe que hai un proxecto para a construción dunha piscina pero que mentres non se poña a funcionar a nova ben poden adaptar o que que continúe funcionando para dar servizo aos veciños”.