Skip to main content
Actualidade

Convocada unha manifestación nas Pontes da industria auxiliar de Endesa

Por 9 Xullo, 2020Sin comentarios

Os sindicatos UXT, CC.OO. e CIG convocaron para hoxe, día 9, a partir das 20 horas, unha nova manifestación nas Pontes para reclamar garantías de futuro para os traballadores de compañías auxiliares da central térmica de Endesa no municipio.

A protesta arrincará da praza do Carme e tamén incidirá na importancia de que se leve a cabo unha transición enerxética xusta e que non deixe a ninguén atrás.

Os organizadores lembran que os asistentes deben levar máscara.